jueves, 18 de febrero de 2010

Último ensaio para o Campionato Galego

O equipo de bádminton disputará este sábado a cuarta proba do ránking autonómico no pavillón da Unviersidade Laboral de Ourense. Será o último ensaio antes de afrontar o Campionato Galego (6 de marzo – Cedeira).

Salvo incidencias de última hora, a SD desplazará a Ourense a nove xogadores (Manuel Taboada, Toño Trabazo, Paco Domínguez. Uxío Batán, Nacho Couso, Gemma Cardigonde, Eva Seda, Cristina Rodríguez e Adela Batán), que rivalizarán nas modalidades de individual e dobles. O obxectivo é seguir collendo ritmo de competición neste ano de estrea, para chegar nas mellores condiciones ó Campionato Galego.

Nestes momentos, Manuel Taboada e Toño Trabazo (en individual) Paco Domínguez (dobles) e Gemma Cardigonde (individual e dobles) están entre os dez mellores do Ránking, a falta de dúas probas.