
Javi Busto entrando en meta co grupo de cabeza
Javi Busto segue coa súa progresión na presente tempada. Na última carreira firmou un sorprendente quinto posto na xeral do Open Ibérico celebrado o sábado en Bueu. O vencedor da proba foi Alejandro Magallanes (Mapfre Anca) cun tempo de 1:59:01. O corredor lalinense entrou a tan só 16 seguntos (1:59:17). Polo demáis, a carreira resultou tamén unha experiencia moi positiva para o resto de corredores dezanos. Julio Couto, Armando Piñeiro e Javier Varela "Chiqui" fixeron un bo traballo de equipo, compretando o percorrido sen deficultade. A seguinte cita da SD será o vindeiro domingo en Cotobade, con motivo da segunda carreira da Transgalaica 2010. Hai que recordar que a SD ocupa a oitava posición na xeral por equipos.