jueves, 1 de abril de 2010

Preparados para a Lalín Wilson Cup


A sección de bádminton retoma a competición coa participación no Lalín Wilson Cup. Toño Trabazo, Nacho Couso, Cristina Rodríguez e Paco Domínguez conforma a representación do clube no torneo internacional. Dende o día 1 ata o día 3 de abril, daránse cita no Pavillón Municipal de Lalín 130 xogadores procedentes de varios puntos de España e Portugal. Destaca a presenza do olímpico Pablo Abián, que se postula como claro favorito ó trunfo en absoluto. En veteranos presenza de grandes xogadores portugueses que tentarán poñerllo difícil os españois. En sub15 están os mellores do ránking nacional luso. En definitiva unha grande ocasión para disfrutar do mellor bádminton internacional