
Busto acada unha meritoria sétima praza no Campionato Galego
Javi Busto estivo a piques de subir ó podio no Campionato Galego Máster que se celebrou o pasado sábado en Salceda de Caselas. O corredor da SD estivo no grupo de escapada ata o último momento, pero non puido aguantar o último tirón de Alejandro Magallanes (Mapfre) e Jaime Juncal (Enciani). O final, Busto entrou no grupo de cabeza a tan só 42 segundos do
gañador, rematando nunha meritoria sétima praza.
Pola súa banda, Xabier Nercellas (SD Lalín) tivo un feliz retorno á competición e rematou no posto 23, a catro minutos do líder.
A carreira, cun percorrido de 83 kilómetros, discurreu por estradas do Concello de Salceda de Caselas. O pelotón rodou a unha media de 36 kilómetors/hora
Por equipos, a SD Lalín finalizou o Galego na décima posición.