martes, 31 de mayo de 2011

A SD gaña a última proba do Ránking Galego en Porto do Son


A SD Lalín protagonizou a sorpresa da tempada ó gañar a última proba do Ránking Galego disputada o pasado sábabo en Porto do Son. Na categoría de individual masculina, Breixo Regueira impuxo a súa calidade a acadou a victoria. En individual feminino, Gemma Cardigonde deu a primeira sorpresa da xornada ó plantarse na final, que perdeu ante Mercedes Fernández. A xogadora lalinense tomaríase cumprida revancha na final de dobres xunto coa súa compañeira Eva Seda. A dupla lalinense sorprendeu cunha actuación sobresaínte, prantándonse na final e superando con autoridade a Nuria Fernández e Mercedes Fernández. A seguinte cita para o equipo lalinense será o vindeiro sábado, en Ourense. No pavillón do IES Lagoas dispútase a penúltima proba da Copa Deputación. Os lalinenses buscarán a clasificación para a gran final, que se disputará a finais de xuño.

Lucía Castro, campiona galega de natación escolar

Por outra banda, Lucía Castro proclamóuse o domingo en A Coruña campiona galega de natación escolar, na modalidade de 50 braza. A nadadora da SD xa gañara o provincial a pasada semana. Compre destacar tamén a boa actuación dos outros nadadores do clube; Anxela Barrio, Nora Fuentes, María Viana, Nerea González, Marta Ojea e Mario Silva. A todo eles, noraboa.