viernes, 7 de septiembre de 2012

Esteban Sánchez correrá a Volta a Galicia de BTT

 
A Sociedade Deportiva Lalín participará este ano na Volta a Galicia BTT. O xoven Esteban Sánchez representará a entidade na categoría sub-23. A carreira deste ano presenta un cartel de luxo coa participación de bikers de primeiro nivel mundial, como e o caso do portugués Luis Leao Pinto.A provincia de Pontevedra e mais en concreto os Concellos de Valga, Pontecesures e Cuntis acollerán a edición deste ano da "Volta a Galicia BTT". A proba disputarase os días 8 e 9 de setembro e totalizará preto de 100 km. divididos nunha etapa prólogo (CRI) e duas en linea.  A confirmación de participación nas últimas horas por parte dalgúns corredores eleva ao máximo o nivel de competición desta Volta a Galicia BTT. Á xa sabida presenza de Pedro Romero, vencedor esta tempada do Open de España XCM e que será o número 1 da Volta, únense agora o ex-profesional de estrada do equipo Rotor Jesus del Nero, e o campión portugués Luis Leao Pinto que vén de conseguir o triunfo o pasado fin de semana na Copa do Mundo de XCM disputada en Letonia e que este ano xa venceu na Volcat e en varias etapas da Titan Desert. Espérase polo tanto un bonito duelo entre os vencedores das dúas primeiras probas do Open de España XCM e o luso.Na categoría feminina o duelo será entre a vencedora este ano daTransgalaica, Susana Alonso e a francesa de Rotor, Muriel Bouhet.Para a clasificación por equipos os favoritos son os galegos Das pontes-Trevinca, que tan bo nivel levan demostrando durante toda este tempada e os madrileños do Rotor R&D Team.