jueves, 8 de octubre de 2009

Estrea oficial do equipo de bádminton

A Sociedade Deportiva Lalín competirá oficialmente por primeira vez o vindeiro día 21 de novembro. A histórica estrea correspóndelle a sección de bádminton, que afrontará a sua primera proba do Ranking Galego Sénior. A cita será no pavillón da Universidad Laboral de Ourense. Para a ocasión, o equipo que adestra Breixo Regueira despraza aos seguintes xogadores: Manuel Taboada, Toño Trabazo, Nacho Couso, Paco Domínguez. Eva Seda, Gemma Cardigonde e Uxío Batán. O obxectivo para a presente tempada é ir collendo ritmo de competición, pois ó pouco tempo de adestramento acumulado_tan só 6 meses de traballo_ engándese nesta ocasión o hándicap de afrontar por primeira vez unha competición oficial. Sorte para todos.