lunes, 2 de noviembre de 2009

Grupo Framiñán será o patrocinador principal do Clube

Grupo Framiñán será o patrocinador principal da Sociedade Deportiva Lalín para a tempada 2009-2010. A empresa de Lalín apostou por este novo proxecto deportivo, plural e aberto, cuxo obxectivo non é outro que promover o deporte e promocionar o nome de Lalín no exterior, participando nas diferentes competicións. A primera sección en estrearse oficialmente será a de Bádminton. A equipa mixta debuta o 21 na primeira proba do Ránking Galego, que se disputará no pavillón da Universidad Laboral de Ourense.