martes, 24 de noviembre de 2009

O equipo de bádminton acada os primeiros triunfos no Ranking Galego


A SD adobou a súa histórica estrea en competición oficial cun excelente resultado. En Segunda Categoría, Paco Domínguez sumou os primeiros puntos logo de superar a Toño Barbado (Athlos Ourense). Por outra banda, a Terceira Categoría tivo cor lalinense. Manuel Taboada gañou a proba logo de impoñerse na final a Nacho Couso. Mentras que Toño Trabazo chegou ata semifinais En categoría feminina, Gemma Cardigonde tamén acadou os primeiros puntos. Falta que a Federación faga pública a puntuación definitiva do Ranking Galego para coñecer exactamente a clasificación de todos os compoñentes do equipo. A seguinte cita do Ránking Galego será o vindeiro 19 de decembro na vila coruñesa de Cedeira. Alí, os lalinenses terán que afrontar unha proba que só se disputa en Dobles e Dobles Mixto. Ata entón, os xogadores reanudan hoxe os adestramentos.