miércoles, 9 de diciembre de 2009

A sección de Bádminton xoga a segunda proba do Ránking Galego en Cedeira


A SD xogará o vindeiro sábado, a partires das 10.00 horas, a segunda proba do Ránking Galego na localidade coruñesa de Cedeira. O inesperado troco de data desta competición por parte da Federación Galega sen apenas tempo de reacción para os clubes (fixada no calendario para o día 19 de decembro) provoca que non poidan acudir á cita Toño Trabazo, Nacho Couso nin Manu Taboada. No resto de equipos haberá tamén, como é lóxico, ausencias destacadas.
Pero non serán estas as únicas novidades. Por unha banda, en Cedeira somente se xogará nas modalidades de Dobres e Dobres Mixto (modalidade ésta,inédita para os lalinenses). O outra novidade no equipo lalinense será o debut oficial de Cristina Rodríguez, que formará parella con Belén Florez (Un. A Coruña) e xogará o mixto co Alfonso Castelo, que a pesares de militar no Club del Mar de A Coruña, adestra habitualmente coa SD Lalín. Por outra parte, e debido as ausencias antes referidas, Paco Domínguez formará parella con Uxío Batán. Namentras que na categoría feminina, Gemma Cardigonde i Eva Seda voltarán a formar parella de dobres. A expedición complétase coa debutante Cristina Rodríguez