miércoles, 16 de diciembre de 2009

Boa actuación de Cristina e Castelo en Cedeira

A SD segue sumando puntos na súa estrea en competición oficial. En Cedeira o equipo lalinense debutou na modalidade de dobres mixto. Nesta modalidade sobresaíu a actuación de Cristina Rodríguez e Alfonso Castelo, totalizando 30 puntos que os aúpan a oitava posición da xeral. A outra parella que puntuou foi a formada por Paco Domínguez e Gemma Cardigonde. O equipo segue adestrando pensando xa na seguinte cita do Ránking Galego. Será o vindeiro 16 de xaneiro en A Coruña. Daquela, a SD poderá contar xa con todos os seus efectivos.

Na foto, Eva e Uxío nun partido de mixtos en Cedeira