Despois do parón de Nadal, a SD Lalín retomará o vindeiro sábado a competición oficial. Será na terceira proba do Ranking Galego, que se disputará no Pavillón Universitario de A Coruña, a partires das 10.00 horas. Se na última proba de Cedeira produciúse o debut de Cristina, en A Coruña estrenaráse en competición oficial Adela Batán, que precisamente formará parella con Cristina na competición de dobles.
A do sábado, preséntase como a proba máis dura no que levamos de tempada, con récord de participación (nada menos que 53 xogadores, que rivalizarán nas modalidades de individual e dobles, masculino e feminino) e a volta á competición oficial dalgúns dos xogadores máis laureados do bádminton galaico, con vistas xa a preparar as citas máis importantes do ano, como son o Campionato Galego (Febreiro), V Lalín Cup(Abril) e Campionato de España (Maio)
Pola súa banda, o equipo lalinense desprazará ata A Coruña os seguintes xogadores: Toño Trabazo, Paco Domínguez, Nacho Couso, Manuel Taboada, Uxío Batán, Eva Seda, Cristina Rodríguez, Adela Batán e Gemma Cardigonde.
Felicidades a Papá Nacho
No apartado social, queremos darlle a noraboa o noso compañeiro Nacho pola súa recente paternidade.