martes, 2 de marzo de 2010

Chegou a hora da verdade


A SD Lalín afronta este sábado en Cedeira a súa primeira gran cita da tempada. Nada menos que o Campionato Galego. Será a estrea para os sete xogadores que se desplazarán ata a localidade herculina. Aínda que o obxectivo non vai máis aló de pasar a primeira rolda, a bóa actuación dos xogadores locais no Ránking Autonómico fai concebir aínda lixeiras esperanzas de acadar algo máis nalgunha das categorías. No Galego competirán Gemma Cardigonde, Eva Seda, Cristina Rodríguez, Adela Batán, Manuel Taboada, Toño Trabazo e Paco Domínguez. Hai que lamentar as baixas de Nacho Couso e Uxío Batán, que non poderán estar en Cedeira por diferentes motivos.

Derbi con morbo
Aínda que as diferencias entre ambas entidades son máis que notables, en Cedeira produciráse o primeiro derbi da historia entre extradenses e lalinenses. O enfrontamento chegará na modalidade de dobles masculino. A experimentada parella do C.B. A Estrada (Juan Gestoso e Jesús Nogueira) mediráse a Toño Trabazo – Paco Domínguez (que xogarán xuntos por primeira vez, debido á inesperada baixa de Nacho Couso).

Primeiros encontros

Ind. Masculino

Manuel Taboada – Julio Fernández (Athlos)
Paco Domínguez – J. Antonio Lamas (Univ. A Coruña)
Toño Trabazo – Eduardo Iglesias (Univ. Laboral Ourense)

Ind. Feminino

Adela Batán – Cristina Rodríguez

Eva Seda – Lidia Herrero (Univ. A Coruña)

Dobles Masculino:

Toño Trabazo/Paco Domínguez & Juan Gestoso/Jesús Nogueira (C.B. A Estrada).

Manuel Taboada (SD Lalín)/Marcelino Fragueiro (Club del Mar) & Modesto Rguez/Marcos Tourón (Athlos Ourense)

Dobles Feminino:

Gemma Cardigonde/Eva Seda & Iria Casete (C. Mar)/Dolores López (Cedeira).

Adela Batán/Cristina Rguez & Nuria Fdez (Ahtlos)/Lidia Herrero(Univ. A Coruña)

Dobles Mixto:

Toño Trabazo/Adela Batán & Jorge Macía/Nuria Fdez. (Athlos).

Paco Domínguez/Gemma Cardigonde&Anxo Rubalcaba/Lidia Herrero (Univ. A Coruña).

Benjamín Alborés (El Draque)/Eva Seda & Manuel Taboada/Cristina Rguez.