Toño Trabazo, Adela Batán, Gemma Cardigonde, Manu Taboada, Eva Seda, Cristina Rodriguez e Paco Domínguez participaron no Campionato Galego 2010A SD Lalín entrou no bsádminton no mes de outubro de 2009. Con tan pouco percorrido ninguén podía aventurar uns resultados tan sorprendentes na primera tempada oficial. Primeiro con boas actuacións nas probas de ránking. Despois no Campionato Galego celebrado o sábado en Cedeira. Nada menos que oito medallas. Cristina Rodríguez acadou o subcampionato en individual e foi bronce en dobles, xunto con Adela Batán. Outra das triunfadoras foi Eva Seda, bronce en Mixtos (facendo parella con Benjamín Alborés, do Draque) e bronce tamén en dobles (con Gemma Cardigonde, que acadou outro bronce en individual). Pola súa banda, Manuel Taboada (facendo parella con Marcelino Fragueiro, do Club del Mar) colgóuse a presea de bronce en dobles. A Toño Trabazo e Paco Domínguez non lle sairon tan bén as cousas, e caeron en oitavos de final. Agora toca seguir traballando aínda máis, pensando na seguinte cita do calendario, que non é outra que a Lalín Wilson Cup (1-3 abril).