miércoles, 17 de marzo de 2010

Histórico debut da sección de ciclismo esta fin de semana en Ourense

Julio Couto, Xabi Nercellas e Javi Busto, do equipo de estrada

A sección de ciclismo da SD Lalín debuta esta fin de semana na
Challenge de Ourense. Unha proba de estrada para as categorías
Máster e Sénior que se disputará ó longo de dúas xornadas.
A primera será este venres, 19 de marzo, sobre circuito urbán
cunha distancia de 64 kilómetros. A segunda será o sábado, 20 de
marzo, cun perfil máis esixente sobre unha distancia de 60
kilómetros. E como remate, o domingo, tamén en Ourense,
disputaráse a terceira proba da Copa de España. O histórico debut da SD correrá a cargo da maior parte dos compoñentes do equipo de estrada. Concretamente ata Ourense
desprazaránse Javier Busto, Xabi Nercellas, Julio Couto,
Armando Piñeiro e Miguel Varela “Chiqui”. O equipo de estrada
comprétase con Francisco Javier Zufiaurre, que non estará esta
fin de semán en Ourense. Ademáis da sección de estrada, a SD
competirá tamén en probas de BTT e Cicloturismo a nivel
autonómico, nacional e internacional. En total serán 18 corredores
os que defenderán o maillot do equipo lalinense no ano 2010.