miércoles, 28 de abril de 2010
Dous subcampionatos para as promesas da SD na Copa Deputación de Ourense
O bautismo das promesas da SD non pudo ser máis satisfactorio. Antía García (Sub-13) e Patricia Novo (Sub-11) acadaron sendos subcampionatos na segunda proba da Copa Deputación de Ourense, celebrada o pasado domingo no pavillón IES Lagoas. Os nervos lóxicos das rapazas lalinenses ao verse nun escenario con máis de medio cento de participantes deron paso a unha seriedade na pista impropia dunhas debutantes. Na categoría Sub-9, Montse Vázquez acadou unha victoria na liguiña e competiu a moi bo nivel ata que lle duraron as forzas. Mónica Novo e Ana Santorum fixeron un moi bo papel en Sub-13. Pola súa banda, Patricia Novo só cedeu un partido na liguiña de categoría Sub-11 e rematou o torneo en segunda posición. Extenuante foio o subcampionato acadado por Antía García en Sub-13. Acadou o subcampionato despois de gañar catro partidos y de ter que xogar outros dous encontros de dobres con anterioridade á final. Esta intensidade de competición, á que non están acostumbradas ningunha das rapazas, pasoulle factura na final e acabou cedendo. Agora toca seguir adestrando para preparar a seguinte proba da Copa Deputación de Ourense, que será o vindeiro día 16 de maio.