
Javi Busto segue entre os mellores do pelogón galego. O domingo resolveu con éxito unha esixente carreira en Redondela (a terceira da Copa Galicia) cruzando a liña de meta en oitavo lugar e a tan só 45 segundos do vencedor. Pola sua banda, Chiqui Varela segue a súa posta a punto, despois da súa lesión. En Redondela entrou no posto cuadrxésimo. A falla de totalizarse os puntos desta última proba, cabe recordar que Busto ocupaba a décima posición na Xeral. A seguinte carreira da Copa Galicia Máster será o víndeiro día 8 de maio en Tomiño. Pero antes desa cita, os corredores da SD na modalidade de estrada terán competición o vindeiro día 1, en Ourense. Alí celebrase o Campionato Península Ibérica.