viernes, 23 de abril de 2010

O equipo de bádminton firma a mellor actuación da tempada en Ourense

O equipo de base, co adestrador Breixo Regueira

O equipo de bádminton firmou a mellor actuación da tempada, con motivo da penúltima proba do Ránking Galego que se disputou en Ourense (Pavillón Universidade Laboral). A xornada escomenzou ben na modalidade de dobres. A parella formada por Paco Domínguez - Juan Capón (Troula) conseguiu rematar na carta praza. En Segunda, a parella Uxío Batán - Manu Taboada remataron segundos. En individual, Cristina Rodríguez proclamouse campiona de Segunda. E Toño Trabazo, subcampión na mesma categoría. Destacable tamén foi a carta praza da Gemma Cardigonde en Primeira. A falla de unha xornada para o remate do Ránking Galego, Paco Domínguez - Juan Capón apuntalan a quinta praza en dobles. Namentras que Toño Trabazo ocupa o décimo posto en Individual. E Gemma Cardigonde é sexta clasificada. E a parella formada por Eva Seda - Gemma Cardigonde ocupa a quinta praza.

Debut das promesas da SD
Este domingo recibirán o bautismo de competición as promesas da SD. Será con motivo da súa participación na primera proba da Copa Deputación de Ourense. O campionato dispútase no pavillón IES Lagoas a partires das 10.00 horas. Ata a cidade de As Burgas desprazaránse as seguinte xogadoras : Montse Vázquez (Sub-9) Sara Vidal (Sub-11) e as Sub-13, Antía García, Ana Santorum, Mónica Novo e Patricia Novo.