martes, 20 de abril de 2010

Javi Busto "asusta" na Transgalaica

Chiqui Varela, na proba de Bembivre

Javi Busto está escomenzando a preocupar seriamente ós clubes importantes do circuito galego. O corredor lalinense vai a máis en cada proba e así o refricte a clasificación. Na segunda proba de Transgalaica 2010_que tivo como gañador, unha vez máis, ó portugués Leao Pinto_ Busto cruzou a meta de Cotobade en oitavo lugar. Pero foi segundo na súa categoría (Máster 30). Con este sorprendente resultado, Javi Busto colócase sexto na Xeral da Transgalica 2010 (onde se inclúen tamén os corredores de Elite) e mantén a segunda praza na categoría Máster 30.
Pola súa banda, Julio Couto entrou no posto 48. Nesta carreira produciuse o debú oficial dun terceiro corredor da SD, Alberto Penas, que non foi quén de compretar o esixente percorrido. O podium da Transgalaica 2010 decidiráse na última proba, que se corrará o vindeiro 6 de xuño en Crecente.

Copa Galicia Máster
Por outro lado, a SD tamén estivo presente na Copa Galicia Máster de estrada. Concretamente na segunda proba que se disputou en Bembivre. Ali defenderon o maillot branquiazul os corredores Xabi Nercellas e Chiqui Varela. Nesta proba, compre destacar o vixéximo posto de Chiqui, despois dunha accidentada carreira que o obrigou a parar en dúas ocasións. Nercellas entrou no posto 33.