lunes, 3 de mayo de 2010

Gemma acada unha brillante terceira praza no Campionato de España


Gemma formou parella coa andaluza Nuria Montoya

Gemma Cardigonde acadou o logro deportivo máis importante da SD na presente campaña. No Campionato de España que se disputou o fin de semana no Club del Mar San Amaro de A Coruña, a xogadora lalinense acadou un brillante terceiro posto na modalidade de dobles formando parella coa andaluza Nuria Montoya. Gemma fixo un excelente torneo, xogando con moita concentración dende o principio e reservando as súas forzas para a competición de dobres, unha vez coñecido o seu enfrontamento en individual con María Jesús Almagro (campiona de España 2009 e subcampiona 2010)na que non ía ter opción algunha. A estratéxia surtiu o efecto deseado, e así conseguiron eliminar en cuartos de final o tándem formado por Iria Casete (C.Mar) - Míriam Fernández (CB Guadalajara), en dous sets. En semifinais, Gemma e Nuria entraron moi frías no partido e apenas opuxeron resistencia no primeiro set ante unha das parellas favoritas ó título. No segundo estiveron a punto de dar a sorpresa e de forzar o terceiro, pero non foi posible. Pola súa banda, Cristina Rodríguez non tivo fortuna no sorteo e tivo que enfrontarse á andaluza María Ferreiro, que á postre acadaría o subcampionato de España. Finalmente, Paco Domínguez, que formou parella co catalán Julián Contreras, caeu en cuartos de final en dobres. En individual perdeu en octavos co galego Guillermo Rodríguez.