miércoles, 19 de mayo de 2010

O equipo de bádminton escomenza con bo pé a Copa Deputación de Ourense

A SD escomenzou con bo pé a Copa Deputación de Ourense 2010. Unha competición que consta de tres probas clasificatorias e unha final para as tres categorías.
A escadra local desprazou a só tres xogadores á primeira proba. Paco Domínguez acadou o terceiro posto en dobres, facendo dupla con Juan Capón (Troula de Lugo).
Pola súa banda Gemma volveu a firmar outra boa actuación, quedando 3ª en individual e firmando un máis que meritorio quinto posto en Dobles Mixtos, facendo parella co seu compañeiro de equipo Paco Domínguez.
Finalmente Eva Seda mellorou o seu nivel de xogo, pero tivo que conformarse coa sétima praza en individual. En dobres firmou unha ilusionante terceira praza formando dupla con Gemma.
Pola súa banda, o adestrador da SD, Breixo Regueira, tivo un feliz retorno á competición precisamente con motivo desta primera proba da Copa ourensán. Breixo gañou en individual e dobres, e volve a perfilarse como o claro favoríto para gañar as dúas categorías, revalidándo deste xeito o título que acadou o ano pasado.
A segunda proba da Copa Deputación de Ourense celebraráse o vindeiro domingo, día 23, no pavillón IES Lagoas de Ourense. Para este torneo, a SD espera recuperar a todos o seus efectivos.