miércoles, 19 de mayo de 2010

Javi Busto mantén a sétima praza na Copa Galicia Máster

Javi Busto voltou a estar cos mellores do pelotón na Copa Galicia Máster. Na última proba deste certame, que se celebrou en Ponte Caldelas, o corredor da SD só foi superado por Lardeo (Código) Ubaldo Rodríguez (Mapfre) e Alex Rodríguez (Enziani). Busto fixo unha moi boa carreira e cruzou a liña de meta co grupo perseguidor, a 45 segundos do gañador da proba. Con este resultado, Javi mantén a sétima praza na xeral da Copa Galicia Máster, a falla de tres probas para o remate.