jueves, 20 de mayo de 2010

Javier Busto e Julio Couto métense no "inferno cántabro"


Chegou a hora. O vindeiro día 22 será unha das grandes citas deportivas da tempada para a SD Lalín. E tamén para miles de afeccionados ó BTT. Trátase da clásica "Los 10.000 del Soplado". Unha proba que se celebra no concello de Cabezón de la Sal (Cantabria) e na que tomarán a saída preto de 4.000 corredores procedentes de diferentes puntos do planeta. Por diante, un percorrido de 165 kilómetros no que os ciclistas terán que enfrontarse a 12 portos de montaña. As oito da mañán do sábado daráse a saída a unha carreira de resistencia física e mental. En Cabezón de la Sal defenderán o maillot da SD os corredores Julio Couto e Javier Busto, que afrontan este esixente reto con moita ilusión, despois de meses de intensa preparación.