martes, 25 de mayo de 2010

Xesta de Javier Busto nos "10.000 del Soplado"


O corredor da SD Lalín remata a carreira no posto 52 e para o crono en oito horas e seis minutos.
Julio Couto remata no posto 499 cun tempo de dez horas e 39 minutos.
Dos 3.000 corredores que tomaron a saída, somente sobreviviron ó inferno cántabro 1.942.
O último que cruzar a liña de meta investiu 17 horas e 19 minutos en percorrer os 195 kilómetros .
Gañou o ciclista profesional Fran Ventoso, que participou na carreira unha vez que o seu equipo_ Carmiooro_ non foi finalmente convidado a correr o Giro de Italia. Ventoso investiu seis horas e 45 minutos i estableceu o novo récord da proba. En segundo lugar entrou Matías Cagigas (Betón) y en terceira posición, o gañador da edición 2009, Joseba León (Bike Zona).
Pero houbo tantos gañadores como participantes. As 8.30 horas, escomenzou a soar pola megafonía “Autopista hacia el infierno” de AC DC. Todo un acerto por parte da organización.
Tres mil bikers comenzaban unha aventura imposible de esquencer. No pelotón dous corredores da SD dispotos a asumir o reto de rematar a proba. Javi Busto amosou unha vez máis a súa fortaleza nunha carreira memorable. Parou o crono en oito horas e seis minutos e cruzou a liña de meta no posto 52. Incríble.
Non menos importante foi a marcha de Julio Couto, que empregou 10 horas e 39 minutos en percorrer os 165 kilómetros infernais, entrando no posto 499.
Dos 3.000 que tomaron a saída só puderon rematar a carreira 1.942. O último en cruzar a liña de meta empregou 17 horas e 19 minutos. Pero todos e cada un, ao cruzar a liña de meta, xa se fixaban o obxectivo para o 2011.
Noráboa a todos os participantes. I dun xeito moi especial a Javi Busto e Julio Couto.