miércoles, 9 de junio de 2010

O corredor Javier Busto proclámase campión galego de BTT


Ao final chegou a recompensa. A localidade de Crecente
coronou ó novo campión galego de BTT. O corredor da SD
Lalín disputou a terceira e última proba da Transgalaica
2010 con opcións de subir ó podium na súa categoría. E as
expectativas cumpríronse dabondo. Busto fixo outra demostración de forza e cruzou a meta na terceira posición, superado só por dous corredores de categoría Elite.
Ese posto tería un marcado significado para a carreira
deportiva de Busto. Subiu o podium nada menos que seis
veces para recoller os merecidos recoñecementos e
aplausos do público que se congregou en Crecente. O máis
importante foi, sen dúbida, o título de Campión Galego
Máster 30 na modalidade de BTT. Os resultados de Busto
nesta modalidade foron os seguintes:
Campión Galego Máster 30
3º Galego Absoluto
Transgalacia 2010
· 1º Máster 30
· 2º General Absoluto
· 3º na proba de Crecente
Dende a SD Lalín somente nos queda felicitar a Busto.
NORABOA CAMPIÓN