
Podium da categoría Absoluta Feminina
O equipo de bádminton pechou a tempada 2009-2010 dun xeito brilante. Foi con motivo do Máster Ourense 2010, onde participaban os seis mellores clasificados da Copa Deputación de Ourense. Así as cousas, Gemma Cardigonde rematou unha extraordinaria campaña cun terceiro posto en Individual Absoluto e outro terceiro en Dobles Absoluto formando parella con Eva Seda. Pola súa banda, Paco Domínguez colgóuse tamén o bronce en Dobres Absoluto formando parella con Juan Capón (Troula). A xornada rematou por todo o alto. Toño Trabazo e Paco Domínguez eliminaron a todos os seus rivais en Segunda Categoría e clasificáronse para disputar unha apaixoante final que se resolveu en tres sets. O título de Segunda foi para Toño Trabazo. Domínguez rematou como subcampión. Coa entrega de trofeos remataba a primeira tempada oficial para a Sociedade Deportiva Lalín.