martes, 22 de junio de 2010

Busto e Zufiaurre sobreviven nunha Quebrantahuesos que rexistrou 2.000 abandonos


Javier Busto e Francisco Javier Zufiaurre sobreviviron á proba máis
esixente do calendario cicloturista nacional. A Internacional
Quebrantahuesos 2010 recordaráse sempre pola choiva, as fortes
ráfagas de aire e as baixas temperaturas que tiñeron que soportar
os corredores nos portos franceses.
A carreira, de 208 kilómetros
de percorrido, contou este ano coa participación de 7.000
corredores. Entre o pelotón atopábanse coñecidos do panorama
internacional como Abraham Olano, Eduardo Chozas, Fernando
Escartín, Tony Rominger, Marino Lejarreta, Pello Ruiz Cabestany,
Joseba Beloki, Joan Llaneras e Fabiana Luperini, entre outros.
Os portos franceses fixeron una impresionante criba no pelotón,
provocando ata 2.000 abandonos e houbo que lamentar varios
casos de hipotermia. O gañador da proba foi Rafael Miravalles
(campión de España sénior 2009).
A SD Lalín tivo presencia nesta proba que sae da localidade oscense de Sabiñánigo, de carácter internacional e de recoñecido
prestixio pola súa dureza extrema. A Quebrantahuesos celebraba
este ano o vixésimo aniversario. Javier Busto volveu a facer outra fazaña nesta carreira, entrando no posto 245 cun tempo de 6:56:16. O outro corredor da SD, Francisco Javier Zufiaurre cruzou a liña de meta no posto 1.098 logo de investir
nove horas e doce minutos.
Parabéns para os dous corredores da SD Lalín.