
A sección de bádminton comenza a despertar despois do obrigado descanso por vacacións. Para coller tono de cara ó inicio da pretemporada (que arrancará o día 7 de setembro) oito xogadores da SD participarán no II Clinic Concello de Porto do Son, os vindeiros día 20 e 21 de agosto. Este ano, a actividade conta cun staff técnico de luxo, liderado por Mario Carulla (campión de Europa e 3º do Mundo), no que estará tamén o Director Técnico da SD Lalín, Breixo Regueira, a adestradora Olalla Fernández e o Adestrador Nacional de Atletismo, Mario González. Os mesmos xogadore que asistirán o Clinic participarán no V Torneo Internacional de Porto do Son, que se disputará o día 22 na localidade barbanzá. A expedición dezá estará formada por os seguintes xogadores: Gemma Cardigonde, Cristina Rodríguez, Adela Batán, Eva Seda, Cristina González, Breixo Regueira, Paco Domínguez e Luis Veloso