
Chiqui Varela deúlle a sección de ciclismo o terceiro título da tempada, o proclamarse gañador da Copa Deputación de Ourense de Máster 30. O corredor da SD deu unha verdadeira exhibición en terras ourensáns. A proba discurreu por un circuíto de 65 kilómetros. A falla de cinco voltas para rematar a carreira, Chiqui protagonizou unha escapada que o final resultou definitiva. Colleu unha vantaxe de minuto e medio, que o pelotón non foi quén de recurtar. O final, Chiqui subiu o máis alto do podiu e proclamouse vencedor da Copa Deputación de Ourense 2010. Os outros dosu títulos da sección de ciclismo están en poder de Javi Busto (gañador da Transgalaica 2010 e Campión Galego de BTT).