miércoles, 10 de noviembre de 2010

Alfonso Castelo e Breixo Regueira dominan a primeira proba do Ránking Galego


Alfonso Castelo dominou con autoridade a primeira proba do Ránking Galego disputada en Ourense. O xogador da SD gañou todos os partidos en Individual e Dobles. Pola súa banda, Breixo Regueira fixo o mesmo na categoría B. En dobles, Breixo e Luis Beloso remataron en terceiro lugar. Na categoría C, Manuel Taboada rematou no quinto posto. Polo que respeita a actuación feminina, Gemma Cardigonde firmou un sétimo posto na categoría A e Maribel Rodríguez foi sétima na categoría B. A seguinte cita da SD será en Gijón, o vindeiro día 27. Alí haberá representación lalinense no Open Gigia.