


O Hotel Torre do Deza foi o escenario da presentación do proxecto deportivo da S.D Lalín para a tempada 2010-2011. Asistiron a maioría dos deportistas das seccións de bádminton, ciclismo e natación, así como representantes dos nosos patrocinadores (Framiñán, Hotel Torre do Deza e Clínica Deza) e o concelleiro de deportes, Nicolás Varela. En primeiro lugar, o clube fixo un recoñecemento a Gemma Cardigonde e Javier Busto como os mellores deportistas da tempada 2009-2010. E de seguidoo déronse a coñecer os detalles dun ambicioso proxecto deportivo nas tres seccións. As principais novedades foron o anuncio da estrea en competición oficial da sección de natación. Ademáis anunciouse tamén a participación do equipo de bádminton na categoría absoluta. No apartado organizativo, a SD Lalín asumirá a organización dunha proba do Circuito Nacional de bádminton e outra proba do ránking sénior. Pero o grande proxecto do clube é a organización dunha carreira de BTT para o vindeiro mes de xuño.