martes, 2 de noviembre de 2010

Gran actuación de Veloso no Circuito Nacional Absoluto de Estella


Luis Veloso protagonizou unha grande actuación no CNB de Estella (Navarra) disputado o pasado día 1 de novembro en Vitoria. O xogador lalinense sorprendeu nun campionato de categoría absoluta gañando en primeira rolda o vasco Daniel Carroza en tres sets. En oitavos de final, Veloso impúxose a Sergio Juaniz en dous set, plántandose en cuartos de final. Mailo destiño quixo que o cruce non fose doado, e topouse con Javier Abián, que lle privou de entrar en semifinais. Na categoría de dobles mixtos, Veloso e Cristina forzaron o terceiro set ante Nelly Uriberri e Iñigo Urra, facendo un moi bo partido. Deste xeito, os dous xogadores lalinense suman os primeiros puntos en Categoría Absoluta. A próxima cita para a SD será o vindeiro día 6 de novembro. Comenza o Ránking Galego sénior, coa participación dos seguintes xogadores: Adela Batán, Gemma Cardigonde, Eva Seda, Maribel Rodríguez, Alfonso Castelo, Breixo Regueira, Luis Veloso, Toño Trabazo, Manuel Taboada e Paco Domínguez.