
A Sd disputará o seu primeiro torneo oficial de categoría Absoluta o vindeiro día 1 de novembro. Será con motivo do Circuito Nacional de Estella (Navarra). Un campionato cinco estrelas no que estarán Luis Veloso e Cristina González. Dous xogadores que tiveron unha boa actuación no recentemente celebrado Internacional de Torrelavega. Veloso gañou os dous primeiros encontros ante Julio Fernández (Gijón) e Sergio Caneito (Olimpia Torrelavega). En oitavos de final perdeu co francés Pascal Jeróme (Cote Basque). Na categoría de dobles mixto, Veloso e Cristina superaron o primeiro cruce para logo perder coa parella favorita formada por Oscar Martínez e a chinesa Ming Zhao, que se proclamaría logo campiona do torneo. Agora chega o turno do CNB de Estella, cunha participación de luxo encabezada por Javier Abián. Veloso escomenzará o campionato as 9.30 horas enfrontándoese a Daniel Carroza. En mixtos, Veloso-Cristina mediránse en primeira rolda coa parella vasca Iñigo Urra - Nelly Uriberri. Ambolosdous torneos servenlle a Luis Veloso de preparación para a primeira proba do Ránking Galego Sénior que se disputará en Ourense o vindeiro día 6 de novembro.