domingo, 12 de diciembre de 2010

Novo éxito de Veloso e Cristina no Circuito Nacional Absoluto de Miranda de Ebro


A SD prolonga a súa racha de trunfos na recén estreada categoría Absoluta gracias á regularidade que está amosando a parella formada por Luis Veloso e Cristina González. Na multitudinaria proba disputada o sábado en Miranda de Ebro (89 participantes) os xogadores lalinenses firmaron unha excelente actuación na modalidade de dobles mixtos, rubricada coa medalla de prata. A parella da SD amosou a súas credenciais dende o primeiro encontro, onde superaron a dupla formada por Markel Fernández e Amaia Fernández (CB. Ebro) por un contundente 21-7 e 21-3. Na seguinte rolda deixaron na cuneta a Rodrigo Macías-Jenifer Fernández (A. Tudela). En semifinais, superaron a Eloy García-Isabel Vicente. E na final, non puderon con Roberto Juaniz - Edurne Echarri, rematando o torneo cun brillante segundo posto.
Ránking Sénior
A seguinte cita para a SD será o vindeiro sábado en Cedeira. Alí xogaráse a segunda proba do Ránking Galego Sénior, nas modalidades de dobles e mixtos. A esta cita, a SD acude mermado polas baixas de Alfonso Castelo (actual número 1 do Ránking Galego) Luis Veloso e Uxío Batán, e terá que improvisar parellas para afrontar esta cita.
Ata Cedeira desprazaránse Adela Batán, Eva Seda, Maribel Rodríguez, Gemma Cardigonde, Breixo Regueira, Toño Trabazo, Manu Taboada e Paco Domínguez.