jueves, 9 de diciembre de 2010

Cristina e Veloso tentarán confirmar o seu bo momento de xogo no TTR Absoluto de Miranda de Ebro


Cristina González e Luis Veloso tentarán confirmar o seu bo momento de xogo este sábado, con motivo da disputa do TTR Absoluto de Miranda de Ebro. Veloso escomenzará a competición enfrontándose a David Gómez (CB Geria). Na categoría individual participarán un total de 64 xogadores procedentes de diferentes puntos de España. Pola súa banda, Cristina González abrirá a categoría feminina ante Jenifer Fernández (Agrupación Tudela). Nesta categoría participan 20 xogadoras. Finalmente, Veloso e Cristina probarán sorte tamén na categoría de dobles mixtos, onde hai inscritas vinte parellas. O de Miranda será o torneo absoluto con maior participación de todos os que se levan xogados esta tempada.