domingo, 5 de diciembre de 2010

Ouro, prata e bronce para a SD no Circuito Nacional Absoluto de As Neves


A SD sorprendeu o domingo no Circuito Nacional Absoluto disputado en As Neves acadando un ouro, unha prata e un bronce. Os catro integrantes da formación lalinense subiron o podium deste torneo colleitando os primeiros puntos no ránking nacional. A sorpresa saltou xa na primeira rolda de dobres mixtos, onde a dupla formada por Breixo Regueira e Raquel Miguéns impoñíanse a David Aboal-Andrea Gutiérrez (23-21; 25-23). Noutra pista, Luis Veloso superaba o cántabro Gustavo Bravo. Pero na seguinte rolda non puido con David Durán (subcampión do torneo). Pola súa banda, Cristina González e Raquel Miguéns proclamábanse campionas da categoría feminina, superando na final a parella local formada por Nerea Alves e Leticia Rodríguez. En dobles mixtos, Breixo Regueira e Raquel Miguéns remataron segundos, logo de perder contra Bruno Moldes e Angela Soto. O final, ouro para Cristina González - Raquel Miguéns. Prata para Breixo Regueira e Raquel Miguéns. E bronce para Luis Veloso e Cristina González.