jueves, 2 de diciembre de 2010

Catro xogadores da SD participarán no Circuito Nacional Absoluto de As Neves

O vindeiro domingo produciráse o debut da SD na categoría absoluta. Será con motivo da celebración do Circuito Nacional de As Neves, onde rivalizarán Breixo Regueira, Luis Veloso, Cristina González e Raquel Miguéns. O obxectivo nesta estrea non é outro que tomarlle o pulso a competición e sumar puntos no ránking nacional absoluto, con vistas a afrontar as vindeiras citas nunha mellor posición. En As Neves, os xogadores lalinenses _o non ter ránking_ terán que medir as súas forzas cos xogadores mellor ranqueados da competición. O telón levántase as 10.00 horas co enfrotnamento de dobles mixtos que protagonizarán Breixo Regueira/Raquel Miguéns contra David Aboal/Andrea Gutiérrez. A esa mesma hora, Luis Veloso mediráse a Gustavo Bravo (Cantabria) As 11.00 chegará o turno a outra parella de dobles mixtos. Luis Veloso e Cristina González enfrontaránse coa dupla andaluza formada por Jesús Barrio i Esther Montero. En dobles feminino, Crsitina González e Raquel Miguéns medirán as súas forzas contra Elisabet González (Guadalajara) - Vanesa Serrano (Salduba-Aragón).