miércoles, 19 de enero de 2011

Dominio absoluto de Breixo Regueira na terceira proba do Ránking Galego Sénior


Uxío Batán volveu as canchas despois de tres meses de inactividade

Breixo Regueira impuxo a súa calidade na terceira proba do Ránking Galego Sénior disputada o domingo en Ourense. O xogador da SD gañou na modalidade de individual. En dobres, Regueira e Toño Trabazo firmaron unha boa actuación, rematando o torneo na terceira posición. Destacable tamén foi o torneo que fixeron Manu Taboada e Uxío Batán (que xogaba o seu primeiro torneo logo dun longo periodo inactivo). A parella lalinense firmou un meritorio subcampionato na Segunda Categoría de Dobles. A partir de agora, o equipo sénior ten como primeiro obxectivo recuperar os lesionados e preparar a primeira grande cita da tempada, que non é outra que o Campionato Galego que se disputará o día 12 de febreiro en Ourense.

Categoría Absoluta

A seguinte cita para a SD será este fin de semana. Luis Veloso e Cristina González desprazaránse ata a cidade de Soria para disputar unha nova proba do Circuito Nacional Absoluto. A parella lalinense está facendo unha grande tempada, con boas actuacións nas probas nacionais absoluta. A de Soria é outra boa ocasión para confirmar a súa progresión, con vistas xa no Campionato Galego Absoluto que se vai disputar no mes de marzo.