domingo, 9 de enero de 2011

Veloso e Cristina gañan o Trofeo de Reyes de Vitoria de categoría Absoluta

Luis Veloso e Cristina González non puderon escomenzar mellor o ano 2011. Gañaron o Torneo de Reyes de Vitoria de categoría absoluta nas tres modalidades. En individual masculino, Veloso superou a todos os seus rivais, igual que Cristina, que se impuxo na final á xogadora cántabra Eva Cuevas. En dobles mixtos, a parella lalinense tampouco atopou rival. Neste campionato participaron medio centenar de xogadores procedentes de Galicia, Euskadi, Navarra, Cantabria e Castela-León. A seguinte cita da Sociedade Deportiva Lalín na categoría absoluta será o vindeiro día 23, con motivo da celebración do Circuito Nacional de Soria.

Ránking Galego Sénior en Ourense
Pero antes desa xornada, volve a competición na categoría sénior. Será en Ourense, o vindeiro domingo. No pavillón da Universidade Laboral disputaráse a terceira proba do Ránking Galego. Ata a cidade de As Burgas desprazaráse un equipo mermado polas baixas. A boa noticia é o retorno as pistas de Uxío Batán, logo dun largo periodo inactivo. Nembargantes, a SD non poderá contar coa participación de Luis Veloso, Alfonso Castelo (actual número 1 do ránking galego) Paco Domínguez nin Eva Seda. Polo tanto, desprazaránse ata Ourense todos os xogadores dispoñibles; Breixo Regueira, Toño Trabazo, Uxío Batán, Manu Taboada, Gemma Cardigonde, Maribel Rodríguez e Adela Batán.