
A SD ultima a súa preparación de cara o vindeiro sábado, 12 de febreiro, para disputar o Campionato Galego Senior. A primeira grande cita da tempada será no pavillón da Universidade Laboral de Ourense. Ata a cidade de As Burgas, a escadra local desprazará toda a súa artillería, coa única baixa de Manu Taboada. Na categoría A1 (30-35 anos) rivalizarán Breixo Regueira, Luis Veloso e Alfonso Castelo. En A2 (35-40) faráno Adela Batán, Gemma Cardigonde i Eva Seda. En B1 (40-45) están Uxío Batán e Maribel Rodríguez i en B2 (45-50) competirán Toño Trabazo e Paco Domínguez. O campionato disputaráse nas modalides de Individual, Dobres e Dobres Mixtos. A SD afronta esta cita con moita ilusión.