domingo, 13 de febrero de 2011

A SD conquista o Campionato Galego Sénior

Podio de Individual Masculino A1


A SD Lalín acadou un resultado histórico no Campionato Galego Sénior disputado o sábado no pavillón da Universidade Laboral de Ourense. Alfonso Castelo convertiuse no protagonista da xornada o proclamarse campión na categoría A1. A final masculina que protagonizaron Castelo e Regueira quedará na retina dos tódolos alí presentes por moito tempo. Foi un partido espectacular que se resolveu en tres sets, e que confirmou a supremacía dos dous xogadores lalinenses no concerto autonómico, que brindaron xogadas de moitos kilates. A SD ocupou os tres caixóns do podium, co primeiro posto para Castelo. O subcampionato de Breixo e o bronce de Lus Veloso, que fixo un grande torneo.
A modalidade de dobres masculino tivo tamén cor lalinense. Castelo e Jorge Macía acadaron o subcampionato. Mentras que Breixo Regueira e Luis Veloso conquistaban o bronce. E aínda quedaban máis sorpresas. En Dobres Mixtos, Castelo e Olalla Fernández acadaron o subcampionato. Mentras que Luis Veloso e Cristina Iglesias colgábanse o bronce.
Na categoría B2 (45-50 anos) Toño Trabazo e Paco Domínguez acadaron un bronce na modalidade de dobres. O mesmo resultado que conseguiron Gemma Cardigonde i Eva Seda en Dobres Feminino.
No campionato participaron 85 xogadores respresntando os clubes; Athlos, Universidade Laboral, Independiente RSL, Troula de Lugo, Club del Mar, Reale-Thebes de A Estrada, El Draque, Rachaplumas, Bádminton A Coruña e CB Cedeira.


Compre destacar a perfecta organización por parte do Club Athlos de Ourense.