martes, 22 de marzo de 2011

Destacada actuación de Breixo Regueira e Adela Batán no 1º Trofeo Feira do Cocido


O domingo disputouse no pavillón municipal de Lalín o 1º Trofeo Feira do Cocido de Dobres e Mixtos. Participaron 40 xogadores de categoría sénior representando os clubes Troula de Lugo, Bádminton Coruña, Club del Mar San Amaro, Draque de Vigo, Athlos, Universidade Laboral e SD Lalín. En dobres feminino as gañadoras foron Dolores Touriño e Mari Carmen Longueira, do Club del Mar. En segunda posición remataron Berta Martínez e Flor Antelo (C. Mar) e terceiras foron Nuria Fernández e Mercedes Fernández (Athlos Ourense). A parella local Gemma Cardigonde i Eva Seda remataron nunha meritoria carta posición. En Dobres masculino os vencedores foron Breixo Regueira (SD Lalín)- Jorge Macía (Athlos). En segunda posición remataron Anxo Rubalcaba- José Antonio Lamas (Bádminton Coruña) E terceiros foron Dani Pérez-Guillermo Rodríguez (Universidade Laboral). A parella local Toño Trabazo - Paco Domínguez rematou en quinta posición. En dobres mixtos gañaron Jorge Macía e Mercedes Fernández (Athlos). Os subcampións foron Breixo Regueira - Adela Batán (SD Lalín). Y a terceira praza foi para Anxo Rubalcaba (Bádminton Coruña) - Nuria Fernández (Athlos). O concelleiro de deportes, Nicolás Varela, e a presidenata da SD Lalín, Gemma Cardigonde, entregaron os trofeos os gañadores. Ao rematar o campionato, todos os participantes degustaron un Cocido nun céntrico restaurante da vila e quedaron emprazados para a edición do ano 2012.