martes, 15 de marzo de 2011

Meritorio oitavo posto de Esteban Sánchez na Transgalaica, en categoría Elite

Esteban Sánchez fixo o domingo en Verducido unha boa carreira, con motivo da primeira proba da Transgalaica 2011. O xoven corredor lalinense rematou a proba na oitava posición en categoría Elite. Pola súa banda, Julio Couto terminou no posto 30 en Máster-40. A seguinte cita para a SD será o vindiero domingo, coa primeira carreira de estrada que se librará en Ourense.