lunes, 14 de marzo de 2011

Dous subcampionatos e un bronce no Galego Absoluto e dúas medallas no Galego Sub-9





A SD segue facendo historia na súa curta traxectoria como entidade deportiva. Os éxitos acadados no Campionato Galego de Veteranos, hai que engadir agora os que lograron os xogadores lalinenses no Campionato Galego Absoluto. As mulleres tiveron neste torneo un importante protagonismo. Somente o cansancio e os problemas musculares privaron a Raquel Miguéns de facer doblete. Nembargantes, a súa calidade foi suficiente para acadar duas medallas de prata (en individual i en dobles). Pola súa banda, Cristina González acadou o subcampionato en Dobres (facendo parella con Raquel) e un bronce en Dobles Mixtos, con Luis Veloso. O resto de participantes tivo tamén unha boa actuación. Breixo Regueira superou a David Aboal en primeira rolda. E perdeu en segunda co seu compañeiro de equipo, Alfonso Castelo.
Castelo no pudo cun fortísmo Juan Amaro, que ó final conquistou o subcampionato. Pero o actor principal do Galego Absoluto foi Rafa Vázquez, que conquistou o décimo título consecutivo de campión galego. Unha fazaña moi difícil de superar para as novas xeracións.
O vindeiro fin de semana, a SD terá dobre cita. O sábado, Cristina González e Luis Veloso disputarán o CNB Absoluto de Vitoria. Mentres que os xogadores séniors terán unha cita en Lalín o domingo, na disputado 1º Trofeo Feira do Cocido, nas modalidades de Dobres e Mixtos.
Campionato Galego Sub-9
O sábado a SD Lalín tivo a súa estrea no Campionato Galego Sub-9 con catro xogadores. Lúa Pereira conqueriu a medalla de prata en Individual Feminino. E Alba Domínguez foi bronce na mesma categoría. Destacada tamén foi a actuación de Matías López e Sergio Domínguez.