Campionato Galego Sub-9
SD Lalín afronta unha fin de semana plena de competicións. O sábado, cita para a historia do clube. Por primeira vez haberá representación lalinense no Campionato Galego Sub-9. Matías López, Sergio Domínguez, Lúa Pereira e Alba Domínguez participarán na máxima competición autonómica que se disputará no Pavillón de As Travesas (Vigo). Non poderá acudir á cita viguesa Carolina Taboada, por asuntos familiares. Para os rapaces, será o seu bautismo en competición, despois de tres meses de preparación. O obxectivo nesta cita galega é que vaian collendo experiencia para vindeiros campionatos, pois trátase dun grupo moi xoven (de 7 e 8 anos).
Campionato Galego Absoluto
Seguindo co bádminton, o domingo dispútase no pavillón de As Neves o Campionato Galego Absoluto. As mellores raquetas da comunidade rivalizarán nas modalidades de individual, dobles e mixtos. O obxectivo para todos os participantes é poñer fin á dictadura de Rafa Vázquez, que leva acumulados nada menos que sete títulos de campión consecutivos. Pola súa banda, a SD acude a este campionato con tres xogadores de categoría sénior (Alfonso Castelo, Breixo Regueira e Luis Veloso) que seguen coa súa preparación para o Campionato de España que se disputará en Mahón (Menorca) a finais do mes de abril. E duas xogadoras absolutas (Raquel Miguéns e Cristina González). Será tamén a primeira vez que o club participa no Campionato Galego Absoluto.
TRANSGALAICA 2011 – BTT MARATÓN
En ciclismo comenza a tempada de BTT Maratón coa primeira carreira da Transgalaica 2011. A cita é este domingo en Verducido (Pontevedra). Ata a cidade do Lérez, a SD desprazará a catro corredores; Esteban Sánchez ; Alberto Penas; David Campos e Julio Couto. Nesta tempada cusa baixa Javier Busto.