jueves, 31 de marzo de 2011

A Federación Galega convoca unha reunión cos veteráns para resolver o conflicto do Ránking

A Federación Galega de Bádminton ven de convocar a todos os clubes a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres, 8 de abril, a partires das 20.00 horas no edificio das federación en Vigo. Abordaráse o conflicto xurdido pola suspensión do Ránking de Veteráns. Aínda que a xuntanza chega moi tarde (só falta unha proba de ránking esta tempada) esperemos que haxa acordo para que as cousas volten o seu cauce natural e non se volten a repetir estas situacións desagradables que só perxudican a imaxen do noso deporte.