O ano 2011 quedará grabado na historia deportiva de Luis Veloso e Cristina González, e por suposto na da Sociedade Deportiva Lalín. A xogadora lalinense proclamóuse campiona do Circuito Nacional de Medina del Campo e gañou tamén a modalidade de Dobles Mixtos coa súa parella Luis Veloso. O xogador dezano fixo tamén un grande torneo en individual, rematando en terceira posición. Con este resultado, Luis Veloso e Cristina González convertense na mellor parella galega, ocupándo un histórico sétimo posto no Ránkin Nacional Absoluto na modalidade de Dobres Mixto.
Torneo Ourense 2011 de Veteráns
Por outra parte, os veteráns aparcan polo momento a loita pola suspensión do Ránking Galego e desprázanse mañán para disputar o Trofeo Ourense 2011. Na cidade de As Burgas competirán Adela Batán, Eva Seda, Gemma Cardigonde, Breixo Regueira, Toño Trabazo, Paco Domínguez e os debutantes Ascensión Castro e Diego Miranda.
Ao respeito do ránking galego, a Federación cedeu ante a presión dos xogadores galegos e convocou unha reunión para o día 8 en Vigo, para tentar de buscar unha solución o conflicto desta competición.