lunes, 4 de abril de 2011

Gemma Cardigonde e Breixo Regueira, campións do torneo "Ourense 2011"


Sobresaínte actuación de Gemma Cardigonde en Ourense

A SD Lalín participou o sábado no torneo "Ourense 2011" organizado polo Clube Athlos. Participaron máis de 40 xogadores representando os clubes Universidade Laboral, Independiente, Athlos, El Draque, CB Troula, CB Coruña, Club del Mar e SD Lalín. A actuación da formación lalinense foi excelente. Na categoría de individual masculino, dominio absoluto de Breixo Regueira, que superou na final ó xogador local Jorge Macía. A sorpresa chegou na categoría feminina, onde Gemma Cardigonde acadou o título de campiona, superando na final a Cristina Iglesias. En dobres feminino, a SD foi tamén protagonista. A dupla formada por Gemma Cardigonde i Eva Seda firmaron un sorprendente segundo posto. A próxima cita da SD será o Torneo Internacional Lalín Wilson Cup.