domingo, 24 de abril de 2011

A SD firma unha extraordinaria actuación na VI Lalín Wilson Cup













Podium en todas as categorías nas que participaba a SD Lalín. Os nosos xogadores tiveron un grande protagonismo na mellor Lalín Cup, que se convirteu nun ensaio do vindeiro Campionato de España Absoluto, na que presumiblemente se repetirán as finais que se viron o sábado no Multiusos Lalín Arena. Na categoría absoluta, Raquel Miguéns e Cristina Gónzález subiron o segundo caixón do podium. En veteranos, solamente un gran Delio Gonçalves (que repetiu trunfo) pudo co noso xogador Alfonso Castelo nunha final espectacular. I en dobles, Breixo Regueira e Luis Veloso, logo dunha accidentada final, proclamáronse subcampións. E finalmente, Adela Batán, facendo parella con Teresa Vázquez (Reale-Thebes) foi segunda en dobles feminino. Pero a marxe dos trunfos, non podemos esquencer tamén a boa actuación dos outros participantes; Maribel Rodríguez, Gemma Cardigonde, Uxío Batán, Toño Trabazo e Paco Domínguez. NORABOA a todos.




Campionato de España en Menorca


E sen apenas tempo para dixerir este novo éxito deportivo, a SD prepara xa a súa viaxe a Menorca. Ata a illa desprazaránse o vindeiro venres Alfonso Castelo, Breixo Regueira, Luis Veloso, Paco Domínguez, Gemma Cardigonde i Eva Seda, para disputar o Campionato de España de Veteranos.