martes, 3 de mayo de 2011

ALFONSO CASTELO, CAMPIÓN DE ESPAÑA



A SD Lalín escribió o seu nome con letras de ouro na historia do bádminton español. Alfonso Castelo rematou unha grandísima tempada coa consecución do título de Campión de España na modalidade de dobres, facendo parella con Jorge Macía (Ahtlos Ourense). A final que protagonizaron ca parella local Pepe Costa/Carlos Daroca foi espectacular. En individual, Castelo acadou a medalla de bronce, logo de perder en semifinais con Jorge Laviña. Pola súa banda, Breixo Regueira e Luis Veloso non estiveron atinados e caeron en primeira rolda. Gemma Cardigonde i Eva Seda tampouco puderon superar os durísimos cruces que tiveron tanto en individual coma en dobles. Paco Domínguez caeu en individual i en dobres. Pero a sorpresa chegou no dobre mixto, onde a dupla formada por Paco Domínguez i Eva Seda acadaron a medalla de bronce, despois de eliminar a parella local Francisco Catchot/Rita Pabst. E despois a dupla formada por Pedro Pablo Pantoja / Lina Sánchez do club Drop Toledo.
Noraboa a todos.